lunes, 5 de marzo de 2012

Crónica 29ª xornada

Un empate sacou o Camelle na súa visita ó Muxía nun partido no que os erros propios impedironlle levar os tres puntos.
  • MUXÍA: Ángel Luis, Carrera, Martinciño, José Manuel, Pataca, Julián, David Pena (Juan do Coral, min.46), Ramón, Raúl, Peski e Arxires.
  • CAMELLE: Carlos Purrúa, Carlos de Dido, Manuel, Mauri, Adrián, René, Varu, Valiña, Sergio, Tedín e Mario.
  • Goles: 0-1, min.25: Mario, 1-1, min.47: En propia porta.
Partido entretido o visto na tarde do domingo en Muxía onde a falla de puntería dos nosos en ataque impediu colleitar unha victoria merecida.

Dominio prácticamente total do Camelle durante o primeiro tempo con múltiples ocasions de gol nun campo en que non o poñía nada fácil debido ó seu estado. I é que o vento axudou moito a que o balon estivese prácticamente todo o tempo no campo local e o Camelle dispuxera durante a primeira parte ocasións claras por medio de Valiña, Varu, Mario, Tedín e Mauri, pero só Mario foi capaz de enviar o balón dentro da porta do Muxía nun bo remate en volea imposible para o porteiro. Gol que tivo unha dedicatoria especial para o noso compañeiro Diego e a súa muller, que o venres foron pais de dous fermosos rapaces Ízan e Daniela. A única ocasión de perigo do Muxía foi nun remate de cabeza nunha falta lateral e un contragolpe onde os locais pediron a expulsión do noso porteiro ó derribar ó dianteiro muxián antes de entrar no área.

No segundo tempo e co vento tamén de protagonista sacudiuse o Muxía o dominio e tirou do equipo para arriba. Na primeira xogada que tivo conseguiu empatar no lanzamento dun corner nunha xogada desgraciada para os nosos xa que o despexe do porteiro petou no lombo dun dos nosos e colouse dentro da portería. Tentaba poñer coto o Muxía a portería de Camelle pero todo o que conseguía era facer lanzamentos lonxanos ben atallados polo noso porteiro ou xogadas de estratexía que a nosa defensa resolveu con solvencia. Non tirou o partido o Camelle que pouco a pouco foi sacudíndose da presión local e foi chegando a portería contraria, dispoñendo de varias ocasións claras, destacando unha de Adrián, outra de Tedín e outra de Varu que si ben fixo un moi bó partido non tivo sorte a hora de definir cara o gol.

De novo a magnífica afeción do Camelle volveu a acompañar en masa ó equipo que nunca está só ala dónde xogue.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

xojadores novos como ten o camelle na plantilla e unha verjonsa po pueblo o k vemos cada finde semana ca banda esta polo menos poñede os novos todos no campo e fasede equipo

Anónimo dijo...

esto e tdo unha pena,cos xojadores k tendes en camelle e sobre tdo no banquillo k a m8s deles llos deran outros equipos e xojan siempre os mismos e asta perden cuns juveniles do muxia asta deixades o k vai o fubol en verjonsa