lunes, 29 de agosto de 2011

Crónica 1ª Xornada

Primeiro partido do Camelle desputado no campo municipal “Xaviña” de Buño ante un gran número de aficionados de Camelle.

  • CERQUEDA: Che, Javi, Juan, Rober (Dani Añón, min.70), Javi II (Nion, min.77), Dani (Joan, min.80), Alex, Lorenzo, Manu, Dieguito (Jonathan, min.72) e Maikel (Jorge, min.60).
  • CAMELLE: Carlos, Cristian, Mauri, Manuel, Juanjo, Valiña, René (Adrián, min.46), Iván, Álvaro (Sergio, min.46), Felipe e Mario (Martín min. 46 (Alvaro Pantera, min.60))
  • Goles. 1-0, min.38: Alex; 2-0, min.42: Juan; 3-0, min.71: Lorenzo; 4-0, min.82: Alex.
Sen facer un gran partido o Cerqueda superou ó noso Camelle, que ten moita xuventude nas súas filas e necesita un período de adaptación. Os locais pouco a pouco foron entrando no partido e foron marcando goles, e aínda tiveron varias ocasións e tres tiros aos paus.
Ben plantados no campo os nosos rapaces foron aguantando bastante ben os envites do Cerqueda durante a primeira metade, pero cando empezaron a faltar as forzas o equipo local encontrouse con dous goles bastante afortunados cara o final da mesma que decantaron o encontro ó seu favor. 
A segunda parte foi de claro dominio do equipo malpicán, con multitude de ocasións, e cun equipo moi xoven do Camelle que pagou en exceso a sua inexperiencia en partidos de competición oficial.
A pesar de que o equipo estivo ben colocado durante todo o encontro, ainda que un pouco retrasados, pudose apreciar un pouco de mala forma física dos nosos xogadores que foron indo a menos co paso dos minutos. Nada grave nin que non se poida arranxar; a inexperiencia irá desaparecendo co pasos dos partidos e a forma física terase que ir ganando rapidamente para que melloren os resultados.
Os tres xogadores mais destacados do Camelle foron Manuel, Felipe Barreiro e o porteiro Carlos.
¡¡ANIMO RAPACES QUE ESTO ACABA DE EMPEZAR!!


Por outra banda destacar a gran afluencia de aficionados de Camelle o campo do Cerqueda, demostrando que ainda que o equipo poida que non sexa dos mellores da categoría, a afición é a mellor da costa

1 comentario:

Anónimo dijo...

a os mellores xogadores eu engadiria a Mauri tamén!